Que tu alimento sea tu medicina

Aventura Ecolóxica VirtualPublicado por Isabel el 29 de Junio, 2009

Bb6f4cf4a961dfc8377728cf9b38455e

Comezamos a nosa aventura na blogosfera.

A nosa idea é facer deste blog un punto de encontro de amigos e amigas da alternativa vital ecolóxica.

Aínda que vaiamos paso a paso, despaciño pero con ganas, queremos compartir aquí ideas, artigos, noticias, reseñas e até receitas relacionadas coa alimentación natural e a cultura ecolóxica en xeral.

Esperamos ir contando tamén con xente con ganas de colaborar e compartir as súas experiencias para converter este sitio nun bo punto de referencia.

E, fóra da esfera virtual, esperamos poder saudarvos persoalmente en HORTA + SA, a nosa tenda ecolóxica na Coruña.


Contacto

Teléfono: 981 285 021